saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 4 de febreiro de 2021

 
A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 4 de febreiro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 3932 (11/PNC-000454)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre o estudo e a habilitación polo Goberno galego dunha fórmula para compatibilizar a autorización da práctica da pesca deportiva desde as dársenas portuarias coas condicións propias da actividade dos portos
BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
Sométese a votación coa engádega da emenda do G. P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 9792. e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a estudar e habilitar una fórmula para facer compatible a autorización da práctica de pesca deportiva desde as dársenas portuarias, en condicións de seguridade, normalidade e sustentabilidade, e sempre que non se entorpezan os labores dos profesionais do mar e outras actividades propias dos portos.
 
A Xunta de Galicia establecerá previamente negociacións coas entidades representativas da pesca deportiva de Galicia".
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 1583 (11/PNC-000146)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 3 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co posible peche dos centros locais de Sanidade Marítima de Corcubión e Muros, así como coa baixa médica da persoa que viña atendendo o servizo de Corcubión
BOPG n.º 15, do 16.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta a que demande do Goberno do Estado que:
 
- Manteña os centros locais de sanidade marítima de Corcubión e de Muros e a cubrir, de xeito inmediato, a baixa da persoa que viña atendendo o Servizo de Corcubión.
 
- Manteña abertas e en pleno funcionamento todas as súas instalacións para dar o servizo requirido polo sector pesqueiro en todo o territorio galego, reforzar as plantillas e ofrecer os servizos coa calidade que o sector demanda e merece".
 

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina