A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 3 de febreiro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 8884 (11/PNC-000926)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impulso de novas iniciativas e instrumentos de valorización dos resultados científico-tecnolóxicos e de transferencia dos resultados da I+D+i ao mercado.
BOPG n.º 82, do 26.01.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar novas iniciativas e instrumentos de valorización dos resultados científico-tecnolóxicos e de transferencia dos resultados da I+D ao mercado, a través da continuidade dos mecanismos de financiamento, fortalecendo as capacidades organizativas e profesionais das estruturas e dos centros, impulsando una cultura de transferencia na comunidade investigadora, incentivando a función de transferencia de coñecemento, mellorando as capacidades dos nosos xestores de transferencia ou establecendo mecanismos de monitoraxe da transferencia."
Aprobación con modificacións
- 6314 (11/PNC-000756)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa diversificación das actividades no estaleiro de Navantia na ría de Ferrol
BOPG n.º 63, do 16.12.2020
Sométese a votación separada por puntos e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal:
Punto 1, aprobado por unanimidade
Punto 2. a), rexeitado por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións
Punto 2. b) e c) aprobados por unanimidade
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Solicitar a súa entrada no Consello de Administración de Navantia conforme ao establecido no artigo 55 do Estatuto de Autonomía de Galicia.
2. Demandar do Goberno do Estado a constitución dunha mesa de ámbito galego para a promoción da diversificación de actividades nos estaleiros de Navantia ría de Ferrol, e nomeadamente:
a) Dotar a fábrica de turbinas de dirección e recursos propios suficientes para definición de novos productos destinados ao sector das enerxías renovábeis en xeral, para fomentar a súa introducción e participación nos contratos da eólica mariña en particular.
b) Introducir tamén á fábrica de turbinas naqueles segmentos de actividade relacionados cos novos modelos sustentábeis de mobilidade marítima, procurándose as colaboracións con centros de investigación ou empresas que fosen precisas".