saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 20 de xaneiro de 2021

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 20 de xaneiro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 5420 (11/PNC-000651)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Verea Fraiz, Borja e seis máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da execución das obras de mellora da seguridade viaria necesarias no trazado da rede estatal de estradas que cruzan os diferentes camiños de Santiago
BOPG n.º 52, do 25.11.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España que realice as obras necesarias de sinalización, iluminación e/ou mellora dos pasos peonís, construción de pasarelas ou pasos subterráneos, no trazado da rede estatal de estradas que cruzan os diferentes camiños de peregrinación Francés, de Inverno, do Norte ou na Vía da Prata na Comunidade Autónoma de Galicia”.
 
Aprobación con modificacións
 
- 4761 (11/PNC-000566)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e oito máis
Sobre a demanda por parte do Goberno galego ao Goberno central da encarga da construción dun buque de acción marítima para a Armada española nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol
BOPG n.º 44, do 11.11.2020
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a esixir do Goberno do Estado a encargar aos estaleiros de Navantia en Ferrol a construción dun BAM (Buque de Acción
Marítima) para a Armada Española, así como a adxudicación e iniciación inmediata ao Centro de Navantia Ría de Ferrol das obras de transformación do buque mercante Galicia, adquirido a finais do ano pasado polo Ministerio de Defensa para transporte de tropas e vehículos do exército, que permita dotar de carga de traballo inmediata á ría de Ferrol, tanto para a plantilla principal como para a industria auxiliar”.
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 4715 (11/PNC-000558)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, María do Carme e dúas máis
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para apoiar o sector da hostalaría
BOPG n.º 44, do 11.11.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Por en marcha un plan de axudas directas, extraordinario e urxente, para a hostalaría. Estas axudas deben ser compatíbeis con calquera outra axuda ou medida de fomento que se poda outorgar dende outra Administración Publica.

2. Simplificar os trámites administrativos para que poidan acceder a estas axudas todos aqueles negocios que realmente o necesiten.

3. Estudar os criterios de adxudicación das axudas para que se correspondan coa situación de vulnerabilidade real dos negocios.

4. Ampliar os prazos de carencia tanto dos créditos da Xunta como do ICO, xa que este colectivo está a ter unha importante caída de ingresos que lle dificultará facer fronte a este tipo de custes.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina