saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o día 19 de xaneiro de 2021

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 19 de xaneiro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións

 
- 5779 (11/PNC-000691)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e seis máis
Sobre a consideración polo Goberno galego das ferramentas necesarias para mellorar o despregamento e os medios do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais
BOPG n.º 56, do 02.12.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que contemple as ferramentas que sexan necesarias para acadar o obxectivo da mellora do despregamento e os medios do servizo de prevención e extinción de incendios”.
 
- 5785 (11/PNC-000693)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e seis máis
Sobre o mantemento e o incremento pola Xunta de Galicia das liñas de apoio postas en marcha para as comunidades de montes veciñais en man común
BOPG n.º 56, do 02.12.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar e incrementar o apoio ás comunidades veciñais de montes en man común a través de distintas liñas de apoio”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina