A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 30 de decembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 5886 (11/PNC-000708)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para solucionar as carencias e deficiencias existentes no Centro de Saúde do Carballiño
BOPG n.º 56, do 02.12.2020
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a avaliar a situación das infraestruturas do centro de saúde de Carballiño, de cara ao financiamento de actuacións referidas ao mesmo con cargo ás partidas consignadas para reformas de centros de saúde no proxecto de orzamentos para 2021 e comprometer a inclusión de obras maiores dentro do futuro Plan de Infraestruturas Sanitarias comprometido polo goberno galego, a iniciar "dentro das posibilidades" no primeiro trimestre do 2021."