saltar ao contido

Ana Belén García Vidal, María Felisa Rodríguez Carrera e Manuel Santos Costa toman posesión das súas actas no Parlamento de Galicia

 

Santiago, 21 de decembro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá, como punto preliminar, a toma de posesión de dúas novas deputadas e un deputado do Grupo Parlamentario Popular.
 
Trátase de Ana Belén García Vidal, deputada pola Coruña, que substitúe a Martín Fernández Prazo; de María Felisa Rodríguez Carrera, da circunscrición de Pontevedra, en substitución de Jesús Vázquez Almuiña; e de Manuel Santos Costa, tamén de Pontevedra, que ocupará o escano que deixou vacante José Manuel Cores Tourís.
 
Ana Belén García Vidal (Noia, 1975)  é licenciada en Filoloxía hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleira de Relacións veciñais e Institucionais, Réxime Interno e Servizos Públicos  en Noia do 2015 ao 2019. Foi deputada na X Lexislatura no Parlamento de Galicia
 
María Felisa Rodríguez Carrera (Mos, 1964) é administrativa. Profesionalmente leva desenvolvendo actividades administrativas máis de 30 anos, tanto por conta propia como allea. É coordinadora da parroquia de Tameiga no comité local do PP de Mos.
 
Manuel Santos Costa (Marín,1968) é licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e primeiro tenente de alcalde do Concello de Marín. Foi director financeiro dunha empresa de construción. Forma parte da Corporación Municipal desde o ano 2002. Na actualidade é responsable das concellerías de Urbanismo, Facenda e Persoal.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina