A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 22 de decembro de 2020, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de decembro de 2020, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Elección de candidato ou candidata para a cobertura dunha vacante dun membro do Consello de Contas de Galicia (doc. núm. 53954, 10/DMCC-000002).
Punto 2. Elección de candidatos ou candidatas para a cobertura de tres vacantes de membros electivos do Consello Consultivo de Galicia (61942, 10/CCGD-000001).
Punto 3. Textos lexislativos
3.1 Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, do Proxecto de lei de pesca continental de Galicia (doc. núm. 2452, 11/PL-000001)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
3.2 Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Proxecto de lei de ordenación do territorio de Galicia (doc. núm. 2453, 11/PL-000002)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
3.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. Popular, de simplificación administrativa e do apoio á reactivación económica de Galicia (doc. núm. 6203, 11/PPL-000002)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 09.12.2020
Punto 4. Comparecencia
6497 (11/CPP-000031)
Da Sra. conselleira de Emprego e Igualdade, a petición propia, para informar sobre a evolución da emerxencia sanitaria da covid-19 en relación coas previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento
Punto 5. Mocións
5.1 6365 (11/MOC-000016)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central, así como as actuacións que debe levar a cabo en relación co saneamento das rías (Moción a consecuencia da Interpelación nº 4969, publicada no BOPG nº 49, do 19.11.2020, e debatida na sesión plenaria do 9.12.2020)
5.2 6408 (11/MOC-000017)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto do cambio climático en Galicia (Moción a consecuencia da Interpelación nº 5670, publicada no BOPG nº 52, do 25.11.2020, e debatida na sesión plenaria do 9.12.2020)
5.3 6424 (11/MOC-000018)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación co sector eólico. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 2705, publicada no BOPG n.º 27, do 07.10.2020, e debatida na sesión plenaria do 09.12.2020)
Punto 6. Proposicións non de lei
6.1 3593 (11/PNP-000387)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos fondos europeos Next Generation
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
6.2 4981 (11/PNP-000569)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo en relación coa titularidade, custos de mantemento, sistema de xestión e plan de usos do pazo de Meirás
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49, do 19.11.2020
6.3 5883 (11/PNP-000678)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre a aprobación e o establecemento polo Goberno galego dun protocolo de actuación específico para os casos de positivos en covid-19 entre as tripulacións dos barcos que cheguen aos portos de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 56, do 02.12.2020
6.4 6053 (11/PNP-000695)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co prezo da enerxía para as empresas electrointensivas.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 59, do 09.12.2020
6.5 6068 (11/PNP-000696)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Verea Fraiz, Borja e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa promoción do Ano Xacobeo 2021 en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 09.12.2020
6.6 6076 (11/PNP-000697)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa reversión á titularidade e xestión pública íntegra do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, así como sobre a presentación no Parlamento de Galicia dun informe referido ás porcentaxes de participación das diversas sociedades na súa titularidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 09.12.2020
Punto 7. Interpelacións
7.1 1937 (11/INT-000107)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e 3 máis
Sobre as porcentaxes de expansión da banda larga
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 19, do 22.09.2020
7.2 3694 (11/INT-000238)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Gallego Sanromán, María Leticia
Sobre a política do Goberno galego en relación coas negociacións entre promotores eólicos e os propietarios dos terreos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
7.3 4241 (11/INT-000274)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ríos Santomé, Paulo e 3 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa situación laboral da mocidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 40, do 04.11.2020
Punto 8. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
8.1 6490 (11/POPX-000013)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre a opinión do Goberno galego respecto das medidas adoptadas durante os cen primeiros días desta lexislatura ante a maior crise económica, social e sanitaria de Galicia
8.2 6491 (11/POPX-000014)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre o balance que fai o Goberno galego da xestión levada a cabo en relación coa crise sanitaria, económica e social xerada pola covid-19
Punto 9. Preguntas ao Goberno
9.1 6472 (11/PUP-000089)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia da situación da central térmica de Endesa, nas Pontes, en función das últimas novidades
9.2 6443 (11/PUP-000086)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Calvo Pouso, Diego e 6 máis
Sobre as peaxes que vai aplicar o Goberno galego a partir do 1 de xaneiro de 2021 nas autoestradas de competencia autonómica
9.3 1342 (11/POP-000098)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 7 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego da restitución do pazo de Meirás ao patrimonio público e a súa opinión respecto do uso que debe ter no futuro
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
9.4 5488 (11/POP-000697)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para garantir a protección dos técnicos de emerxencias sanitarias do transporte sanitario terrestre fronte ao contaxio polo SARS-CoV-2
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
9.5 5844 (11/POP-000741)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e 5 máis
Sobre a solución prevista polo Sergas para resolver o déficit de facultativos de radiodiagnóstico na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, especialmente no Hospital Público do Barco
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 56, do 02.12.2020
9.6 4750 (11/POP-000612)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 4 máis
Sobre a posible modificación do uso concesional da parcela onde está situada a estación de autobuses do Pino, en Ourense, para a construción nela dunha residencia pública de maiores
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
9.7 6465 (11/PUP-000088)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e 2 máis
Sobre o coñecemento pola Xunta de Galicia da problemática existente no centro de menores Santo Anxo de Rábade
9.8 5511 (11/POP-000699)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen e 2 máis
Sobre a negociación que está a levar a cabo a Xunta de Galicia co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación respecto dos fondos para Galicia da nova política agraria común para o período 2021-2027
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
9.9 5974 (11/PUP-000085)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre as afirmacións do conselleiro do Medio Rural nunha rede social respecto de supostos cobros de traballadores da Consellaría á cidadanía por axudar a tramitar as solicitudes de corta de madeira
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 56, do 02.12.2020
9.10 6029 (11/POP-000757)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a valoración que fai a Consellería do Mar dos TAC e cotas de pesca inicialmente propostos pola Comisión Europea para o ano 2021
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 09.12.2020
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente