Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 21 de decembro de 2020, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de decembro de 2020, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto preliminar
Prestación de promesa ou xuramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia das novas deputadas: dona Ana Belén García Vidal, dona María Felisa Rodríguez Carrera e don Manuel Santos Costa
Punto 1. Textos lexislativos
1.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2021 (doc. núm. 5731, 11/PL-000007)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 51, do 23.11.2020
Publicación da corrección de erros, BOPG n.º 56, do 02.12.2020
Publicación das emendas á totalidade, BOPG n.º 62, do 15.12.2020
1.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 5734, 11/PL-000008)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 51, do 23.11.2020
Publicación das emendas á totalidade, BOPG n.º 62, do 15.12.2020
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente