saltar ao contido

Minuto de silencio contra a violencia machista no Parlamento de Galicia

Santiago, 4 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia acolleu este mediodía unha concentración dun minuto de silencio en repulsa contra a violencia machista e en memoria da muller asasinada o pasado mércores en Gondomar.

A concentración, encabezada polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, foi secundada por integrantes da Mesa da Cámara, portavoces e deputadas e deputados. Tamén participou persoal da institución e unha representación do Valedor do Pobo.

O presidente da Cámara amosou a súa “rabia e conmoción” polo suceso  de Gondomar, animou ao conxunto da sociedade a manterse alerta ante calquera indicio de maltrato e expresou as súas condolencias á familia da vítima.

 

Teléfono de atención a vítimas de violencia de xénero: 016

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina