A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 9 de decembro de 2020, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 1 de decembro de 2020, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos Lexislativos
1.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei de museos e outros centros museísticos de Galicia (doc. núm. 2795, 11/PL-000006)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 26, do 06.10.2020
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 39, do 02.11.2020
1.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de residuos e solos contaminados de Galicia (doc. núm. 2625, 11/PL-000004)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 26, do 06.10.2020
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 39, do 02.11.2020
1.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (doc. núm. 5637, 11/PPL-000001)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 51, do 23.11.2020
Publicación da modificación do procedemento, BOPG n.º 51, do 23.11.2020
Punto 2. Comparecencias
2.1 5989 (11/CPP-000029)
Do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, por petición propia, para informar sobre a evolución da emerxencia sanitaria da covid-19 en relación coas previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento
2.2 1419 (11/CPP-000013)
Da conselleira do Mar, por petición propia, para informar das previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12, do 08.09.2020
Punto 3. Mocións
3.1 5920 (11/MOC-000013)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co impacto na economía galega da consolidación da pobreza e da exclusión social e as repercusións da crise da covid-19. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 582, publicada no BOPG n.º 9, do 02.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 24.11.2020)
3.2 5923 e corrección de erros 5936 (11/MOC-000014)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Francisco Rivera, Juan Carlos
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa crise económica e a situación social xeradas pola covid-19. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 1027, publicada no BOPG n.º 11, do 04.09.2020, e debatida na sesión plenaria do 24.11.2020)
3.3 5924 (11/MOC-000015)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto da covid-19 no sector cultural. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 4381, publicada no BOPG n.º 40, do 04.11.2020, e debatida na sesión plenaria do 24.11.2020)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 3280 (11/PNP-000347)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia tendentes ao mantemento do servizo de axuda no fogar extraordinario e a prorrogalo ata que a pandemia provocada pola covid-19 se atope controlada na nosa comunidade autónoma
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 30, do 14.10.2020
4.2 3384 (11/PNP-000361)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre a demanda por parte do Goberno galego ao Goberno central da transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión do ingreso mínimo vital creado a través do Real decreto-lei 20/2020
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 33, do 21.10.2020
4.3 5003 (11/PNP-000571)
Grupos Parlamentarios Popular de Galicia, do Bloque Nacionalista Galego e dos Socialistas de Galicia
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a creación da nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49, do 19.11.2020
4.4 5234 (11/PNP-000597)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rey Varela, José Manuel e 8 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co sector naval de Ferrol
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49, do 19.11.2020
4.5 5525 (11/PNP-000636)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co volume de diagnoses e a capacidade asistencial dos servizos de oncoloxía do sistema sanitario público de Galicia durante o ano 2020
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
4.6 5573 (11/PNP-000642)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de modificar a normativa vixente que regula o servizo de axuda no fogar, así como as cuestións que debe introducir nela
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
4.7 5579 (11/PNP-000643)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as demandas que se deben realizar en relación co desenvolvemento en Galicia do corredor atlántico de mercadorías
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
Punto 5. Interpelacións
5.1 2705 (11/INT-000154)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 3 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co sector eólico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
5.2 4969 (11/INT-000338)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e 3 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co saneamento das rías
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49, do 19.11.2020
5.3 5670 (11/INT-000384)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto do cambio climático en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 5977 (11/POPX-000011)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre a posición do Goberno galego respecto da apertura dun expediente disciplinario ao responsable de xinecoloxía do paridoiro do Hospital Comarcal de Verín
6.2 5978 (11/POPX-000012)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as previsións do Goberno galego respecto do deseño dunha estratexia para que Galicia reciba o financiamento necesario para a reactivación económica
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 5565 (11/POP-000707)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 3 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da garantía de axudas directas ás axencias de viaxes para evitar o seu peche no ano 2021
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
7.2 5451 (11/POP-000693)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 6 máis
Sobre a opinión do Goberno galego respecto do apoio que lle está a prestar o Goberno central ao corredor mediterráneo de mercadorías, en detrimento do corredor atlántico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
7.3 5966 (11/PUP-000084)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da convocatoria das axudas posdoutorais correspondentes ao ano 2020
7.4 5591 (11/POP-000712)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre os principais resultados e conclusións da macroenquisa realizada pola Xunta de Galicia en relación coa percepción da cidadanía galega respecto da violencia de xénero
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
7.5 5717 (11/POP-000729)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as razóns da dirección sanitaria de Ourense para incoar un expediente disciplinario a un profesional do Hospital de Verín.
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
7.6 5071 (11/POP-000648)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego do inicio do curso marcado pola covid-19 nas escolas infantís de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49, do 19.11.2020
7.7 5676 (11/POP-000726)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 5 máis
Sobre a dispoñibilidade polo Goberno galego dalgún informe de carácter epidemiolóxico das vinte e cinco granxas de visóns existentes en Galicia respecto da covid-19
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
7.8 5974 (11/PUP-000085)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre as afirmacións do conselleiro do Medio Rural nunha rede social respecto de supostos cobros de traballadores da consellaría á cidadanía por axudar a tramitar as solicitudes de corta de madeira
7.9 2302 (11/POP-000211)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre a disposición do Goberno galego a iniciar un proceso de recuperación da produción marisqueira na ría de Ferrol, ao tempo de articular medidas de protección económica e social para as persoas mariscadoras da ría, con figuras como a do paro biolóxico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 23, do 30.09.2020
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente