3.3 5339 (11/MOC-000012)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez López, Daniel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno Central en relación co impacto da covid-19 nos empresarios autónomos. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 3652, publicada no BOPG n.º 33, do 21.10.2020, e debatida na sesión plenaria do 10.11.2020)
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno do Estado as seguintes medidas:
- Aprazar os pagos do IRPF e do IVE do cuarto trimestre de 2020, ata doce meses.
- Ampliar o prazo dos pagos fraccionados do imposto de sociedades.
- Aplicar un IVE reducido do 4% para o sector da hostalería e do turismo.
- Establecer condonacións especiais no pago das cotas empresariais á Seguridade Social correspondentes ao tempo de peche e de redución drástica da actividade, para aqueles autónomos gravemente afectados polas medidas adoptadas no marco das restricións sanitarias.
- Impulsar as actuacións necesarias para prorrogar un ano o período de amortización e carencia dos préstamos ICO.”
Saúdos, Gabinete de Comunicación.