saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 18 de novembro de 2020

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 18 de novembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 3914 (11/PNC-000452)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa situación do centro de traballo da empresa Siemens-Gamesa no concello das Somozas
BOPG n.º 36, do 28.10.2020

Sométese a votación separada por alíneas:

Alíneas 1 e 2: resultan aprobadas pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.

Alíneas 3 e 4: resultan rexeitadas por 3 votos a favor, 6 votos en contra e 2 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galiza a:

1. Promover un marco de negociacións coa empresa e o comité onde se aborden solucións que garantan investimentos e ocupación para todo o actual cadro de persoal.


2. Demandar do Goberno do estado a súa participación activa nos foros que se poidan constituír para abordar a problemática da factoría de SIEMENS-GAMESA no Concello das Somozas.”


Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 2872 (11/PNC-000319)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 7 máis
Sobre o impulso polo Goberno galego do uso de madeiras locais nos edificios públicos, como elemento decorativo e construtivo
BOPG n.º 30, do 14.10.2020

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que fomente o coñecemento e divulgación de deseños de hábitats naturais, promovendo nos edificios públicos a utilización de madeiras locais como elemento decorativo e construtivo, que permitan unha maior humanización dos espazos destinados á cidadanía, ademais de servir como referente para o sector privado.”


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina