saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada 0 5 de novembro de 2020

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 5 de novembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 3525 (11/PNC-000399)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co calendario de inspeccións técnicas itinerantes para vehículos agrícolas e as xestións que debe realizar ante o Goberno central para o alongamento da prórroga da súa validez
BOPG n.º 33, do 21.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:
 
1.  Que se tomen as medidas necesarias para que se axilice o calendario de inspeccións itinerantes para vehículos agrícolas, ante a incertidume de que vai ocorrer despois do 10 de novembro.
 
2.  Que faga as xestións necesarias diante do Goberno do Estado para que se amplíe a prórroga das inspeccións o tempo que faga falta como única maneira de asegurar que tractores e outra maquinaria circulan dentro da legalidade mentres agardan pola “revisión.”

Aprobación con modificacións
 
- 3056 (11/PNC-000341)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para o control e a estabilización da poboación do xabaril, a indemnización e prevención dos danos que causa, e o control biosanitario nas fronteiras para evitar a entrada da peste porcina africana
BOPG n.º 30, do 14.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a seguir traballando para:
 
1º) Poñer en marcha un plan de xestión do xabaril para controlar e estabilizar a súa poboación, consensuada cos sectores afectados e implicados.
 
2º) Poñer en marcha un fondo de corresponsabilidade dotado economicamente de xeito suficiente para o pago das axudas por danos, e de medidas preventivas.
 
3º) Establecer un plan de indemnización dos danos causados polo xabaril nos terreos agrícolas e de axudas para as medidas preventivas para evitar estes danos (rozas perimetrais).
 
4º) Solucionar o colapso do teléfono 012 de atención e información á cidadanía, que está a impedir que as persoas afectadas polos danos dos xabarís nos cultivos, poidan solicitar as axudas dentro do prazo de 72 horas que marca a normativa da Consellería de Medio Ambiente e dar solucións ás persoas afectadas por dito colapso que non puideron tramitar as axudas por dito motivo.
 
5º) Extremar o control biosanitario nas fronteiras para evitar a chegada de partidas de carne de porco que puidesen vir contaminadas co virus (PPA), ademais de elaborar un plan de continxencia ante a posibilidade de que aparecese un caso en Galicia.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina