A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 24 de setembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 653 (11/PNC-000027)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 13 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación coa creación dunha fundación de investigación agraria aplicada de Galicia sustentada na base da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne e nos centros de investigación da Consellería do Medio Rural así como para desenvolver o seu plan estratéxico
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 5 votos en contra ninguna abstención.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a crear una Fundación de Investigación Agraria Aplicada de Galicia sustentada na base da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne e nos centros de investigación da Consellería do Medio Rural e a desenvolver un plan estratéxico da mesma."
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 752 (11/PNC-000039)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa garantía da saúde das persoas nas vendimas e traballos do outono do sector agrogandeiro
BOPG n.º 11, do 04.09.2020
Sométese a votación separada por puntos coa incorporación -como engádega- da emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 2410) como punto 3:
Puntos 1 e 2: resultan rexeitados por 5 votos a favor, 7 en contra e 0 abstencións
Punto 3: Aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a redactar un protocolo de actuacións para dar solucións efectivas aos casos de aparición de coronavirus en explotacións agrícolas e gandeiras, xa que a falta dun protocolo pon en risco o principal motor da economía do medio rural, a produción de alimentos, o benestar animal e a protección do noso entorno."
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2020