• Persoal alleo ao Parlamento non poderá acceder ao Pazo do Hórreo e pídese aos grupos que activen o teletraballo para o seu persoal
• O rexistro prestarase de modo telemático a través da sede electrónica da institución
Santiago, 15 de marzo de 2020.- Atendendo ás instruccións distadas polo Goberno central e pola Xunta de Galicia para frear a propagación do coronavirus, o Parlamento de Galicia activou o teletraballo para o seu persoal, a partir de mañá luns, para limitar ao mínimo imprescindible a presenza física de persoal na sede da institución.
Ningunha persoa allea ao Parlamento poderá aceder á sede da Cámara, ao tempo que se pediu aos grupos parlamentarios que activen o teletraballo do seu persoal, limitando a presenza física no Pazo do Hórreo ao máximo e, en todo caso, a un maximo dun traballador/a por grupo político.
O rexistro do Parlamento de Galicia seguirá funcionando con normalidade na modalidade telemática a través da sede electrónica da institución, pero non prestará atención presencial.
Estas medidas están a ser coordinadas polo Grupo de Coordinación creado o pasado ventres pola Deputación Permanente do Parlamento de Galicia no marco do Plan de Continxencias da Cámara fronte ao coronavirus.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.