saltar ao contido

Os presidentes de Parlamentos autonómicos acordan a creación dunha rede de intercambio de documentación

 
 
• Pilar Rojo agarda que a  iniciativa contribúa a mellorar o traballo na Cámara e reitera a súa aposta por incrementar a visualización social dos Parlamentos como instrumentos de concordia

Pamplona, 7 de marzo de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, acordou hoxe en Pamplona, cos seus homólogos doutras Cámaras autonómicas, a creación dunha rede de intercambio de documentación e información parlamentaria que se denominará “”Rede Parlamenta”.
 
Pilar Rojo participa deste esta mañá, en Pamplona, na sede do Parlamento de Navarra, na reunión plenaria anual da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA), organización no seo da cal se vai implantar esta rede de intercambio de documentación e información.
 
Maior calidade
 
A creación desta ferramenta para o intercambio de  recursos documentais entre os diferentes parlamentos autonómicos contribuirá a mellorar a calidade dos servizos ofertados polos servizos de documentación das Cámaras lexislativas.
 
A integración na “Rede Parlamenta” será voluntaria e estará aberta á participación de todas as Cámaras lexislativas do Estado.
 
Rojo Noguera valora esta iniciativa xurdida no seu de Coprepa e agarda que os recursos ofertados permitan mellorar tamén a calidade dos debates e traballos parlamentarios que se desenvolvan en Galicia.
 
En declaracións aos xornalistas, a inicio da reunión desta mañá, Pilar Rojo reiterou a súa aposta por incrementar a visibilidade social dos distintos parlamentos autonómicos, obxectivo ao que, ao seu xuízo, contribúen reunións como a que hoxe se iniciou en Pamplona.
 
Concordia e entendemento
 
Na súa opinión, este tipo de encontros permiten o intercambio de experiencias entre os diferentes parlamentos, nun marco de concordia e entendemento que resulta beneficioso para o conxunto da sociedade.
 
Durante a xornada de hoxe, os participantes no Plenario Anual de COPREPA foron recibidos, a mediodía,  polo presidente do Goberno da Comunidade Foral de Navarra, Miguel Sanz, e, xa pola tarde, pola alcaldesa de Pamplona, Yolanda Barcina

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina