saltar ao contido

Nova campaña de doazón de sangue no Parlamento de Galicia

Santiago, 2 de decembro de 2019.-  Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazouse este mércores ao Parlamento de Galicia para recoller doazóns de sangue.
 
Esta campaña –unha das dúas que acolle o Parlamento ao longo do ano- celébrase nas datas previas ao Nadal, época na que é necesario reforzar a subministración de sangue e hemoderivados aos hospitais para, entre outras incidencias, prestar asistencia ás vítimas dos accidentes de tráfico derivados do incremento de desprazamentos que se rexistra nesas datas.
 
O vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, Diego Calvo Pouso, e maila directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, Marisa López García, saudaron aos doadores e doadoras que se sumaron a esta campaña, e animaron ao conxunto da sociedade galega a sumarse a esta práctica altruísta que salva vidas.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina