saltar ao contido

Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 3 de decembro de 2019

 
 
3.3 59299 (10/MOC-000169)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa extracción de berberecho nas rías de Galicia. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 58055, publicada no BOPG n.º 555, do 30.10.2019, e debatida na sesión plenaria do 19.11.2019)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1) Remitir aos grupos políticos representados no Parlamento e a todas asconfrarías de Galicia que o soliciten os informes  de investigación elaborados dende 2012 sobre a extracción do berberecho e a afectación que a marteilia ten acusado sobre este produto.
 
2) Realizar e publicar un informe de situación e de expectativa de extracción do berberecho para os vindeiros 3 anos, en previsión da elaboración dos plans de explotación.
 
3) Elevar un 5 % a partida dedicada a investigación da Consellería do Mar nos orzamentos autonómicos mediante os mecanismos que sexan posibles”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina