saltar ao contido

Pilar Rojo participa a próxima semana en Pamplona na reunión anual da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos

• Abordarán asuntos como a aplicación do principio de subsidiariedade e a implantación dunha rede de intercambio de información
 
. Hoxe, sábado, Pilar Rojo participou, canda o presidente da Xunta e outras autoridades, na Festa da Arribada, en Baiona.
 
Santiago, 5 de marzo de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, participará a próxima semana na Asemblea Xeral Anual da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonímicos (COPREPA) que este ano se celebra en Pamplona (Navarra), comunidade que desempeñou a Presidencia desta organización nos últimos doce meses.
 
Na orde do día reunión, que terá lugar o luns e o martes da próxima semana (7 e 8 de marzo) figuran,entre outros, asuntos como a aplicación do principio de subsidiariedade desde os parlamentos autonómicos e a sinatura dun acordo para a implantación dun sistema integral para o intercambio de información entre as diferentes cámaras lexislativas.
 
Na derradeira xornada desta reunión, o martes 8 de marzo, os presidentes dos Parlamentos autonómicos debatirán e farán pública unha declaración institucional, ademais de elixir a nova Presidencia de Coprepa.
 
Hoxe, sábado, a presidenta do Parlamento de Galicia, participou, canda o presidente da Xunta e outras autoridades, na Festa da Arribada, en Baiona.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia
 
 
 
 

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina