A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 3 de decembro de 2019, ás 10.00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 26 de novembro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos lexislativos
1.1 Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, do Proxecto de lei de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situación de risco sanitario (doc. núm. 52558, 10/PL-000017)
Publicación do Ditame da Comisión, BOPG n.º 568, do 26.11.2019
Publicación mantemento emendas, BOPG n.º 568, do 26.11.2019
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei para presentar perante o Congreso dos Deputados, do G.P. Mixto, de modificación da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido (doc. núm. 57950, 10/PPLC-000018)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 556, do 31.10.2019
Punto 2. Comparecencia
2.1 59364 (10/CPP-000117)
Da Sra. conselleira do Mar, por petición propia, para informar da liña de traballo de cara á negociación de TAC e cotas para 2020
Punto 3. Mocións
3.1 59169 (10/MOC-000167)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa atención á diversidade do alumnado nos centros docentes. (Moción consecuencia da Interpelación nº 57774, publicada no BOPG n.º 552, do 23.10.2019, e debatida na sesión plenaria do 19.11.2019)
3.2 59273 (10/MOC-000168)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Santos Queiruga, Carmen
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo en relación coa situación dos xulgados de violencia contra a muller. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 57403, publicada no BOPG n.º 547, do 16.10.2019, e debatida na sesión plenaria do 19.11.2019)
3.3 59299 (10/MOC-000169)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa extracción de berberecho nas rías de Galicia. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 58055, publicada no BOPG n.º 555, do 30.10.2019, e debatida na sesión plenaria do 19.11.2019)
3.4 59301 (10/MOC-000170)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa pobreza e a exclusión social. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 56678, publicada no BOPG n.º 544, do 09.10.2019, e debatida na sesión plenaria do 19.11.2019)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 33261 (10/PNP-002517)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Sánchez García, Antón e Rodríguez Estévez, David
Sobre a dotación pola Xunta de Galicia dos medios persoais e orzamentarios necesarios ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, coa cobertura das vacantes de persoal investigador existentes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 338, do 19.07.2018
4.2 54429 (10/PNP-004029)
Grupo Parlamentario Mixto
Vázquez Verao, Paula e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación de Galicia respecto do cambio climático e a deterioración ambiental
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 524, do 04.09.2019
4.3 56220 (10/PNP-004156)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas demandas da comunidade hospitalaria referidas ás deficiencias existentes en distintas especialidades e o futuro do servizo de cociña do Hospital Comarcal de Verín
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 540, do 02.10.2019
4.4 56785 (10/PNP-004192)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre a reiteración polo Goberno galego diante do Goberno central da demanda de retirada da limitación das taxas de reposición de prazas para o sistema sanitario público
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
4.5 57625 (10/PNP-004274)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa oferta aos pacientes da sanidade pública da súa intervención cirúrxica nun centro concertado, en cumprimento da Lei de garantías de prestacións sanitarias
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 551, do 22.10.2019
4.6 58485 (10/PNP-004353)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas deficiencias que presentan as instalacións e a carencia de material didáctico axeitado no Centro Superior de Música de Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 560, do 13.11.2019
4.7 58855 (10/PNP-004375)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia e as actuacións que se deben levar a cabo en relación co drama da emigración
Publicación da iniciativa con correccións, BOPG n.º 564, do 19.11.2019
4.8 58957 (10/PNP-004382)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 13 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da convocatoria de novas poxas de enerxías renovables para o aumento da potencia eólica instalada en Galicia así como da produción dese tipo de enerxías. Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 564, do 19.11.2019
Punto 5. Interpelacións
5.1 44596 (10/INT-001471)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as medidas previstas pola Consellería do Mar para mellorar a seguridade nas costas tras o naufraxio do cerqueiro "Sin Querer Dos" o día 19 de decembro de 2018, así como os datos referidos ao dispositivo mobilizado por Salvamento Marítimo nese sinistro
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
5.2 54378 (10/INT-001810)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co cambio climático
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 524, do 04.09.2019
5.3 58810 (10/INT-002016)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Solla Fernández, Eva
Sobre a política do Goberno galego en materia de atención pediátrica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 564, do 19.11.2019
Punto 6. Preguntas para resposta oral o Presidente da Xunta
6.1 59375 (10/POPX-000178)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as rectificacións que vai realizar o Goberno galego na súa política sanitaria
6.2 59376 (10/POPX-000179)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Sánchez García, Antón
Sobre as razóns do Goberno galego para non situar entre as súas prioridades a protección do patrimonio natural de Galicia
6.3 59377 (10/POPX-000180)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa industria naval
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 58005 (10/POP-006881)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia referidas á exixencia dunha nova declaración de impacto ambiental á empresa responsable da construción do parque eólico da serra do Iribio
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 555, do 30.10.2019
7.2 57695 (10/POP-006837)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e Pérez Seco, José Manuel
Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto do cumprimento do horizonte temporal establecido entre os anos 2015 e 2017 para o remate da actuación denominada "VAP Costa Norte, treitos A Coruña e resto dos treitos", prevista no Programa de vías de altas prestacións
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 23.10.2019
7.3 58549 (10/POP-006929)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Quinteiro Araújo, Paula e 4 máis
Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para garantir o futuro da empresa Unitono, en Ourense, co cadro de persoal actual
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 560, do 13.11.2019
7.4 59342 (10/PUP-000279)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para o desenvolvemento dun plan de futuro que permita garantir os postos de traballo, os dereitos laborais e a actividade nos estaleiros e empresas auxiliares do sector naval da ría de Vigo
7.5 59346 (10/PUP-000280)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 7 máis
Sobre o mantemento polo Goberno central dalgún contacto coa Xunta de Galicia para presentar algunha solución á problemática existente na factoría de Alcoa, en San Cibrao
7.6 55108 (10/POP-006535)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre o mantemento polo Goberno galego, na actualidade, do compromiso de creación do Museo da Romanización de Galicia no cuartel de San Fernando, en Lugo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 528, do 11.09.2019
7.7 56764 (10/POP-006724)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre os datos do Goberno galego respecto do grao de cumprimento da Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias, no referido ao apartado correspondente aos tempos máximos de acceso a elas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
7.8 57971 (10/POP-006878)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 2 máis
Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto da perda progresiva de servizos que se vén producindo no Hospital de Verín
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 555, do 30.10.2019
7.9 59366 (10/PUP-000281)
Grupo Parlamentario Mixto
Vázquez Verao, Paula e 3 máis
Sobre as razóns da Xunta de Galicia para recortar servizos sanitarios no Hospital Comarcal de Verín
7.10 55358 (10/POP-006571)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Arias, Marta e 7 máis
Sobre o balance do Goberno galego respecto da posta en marcha do proxecto Red May, de apoio e mantemento comunitario de persoas maiores no contorno rural
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 533, do 18.09.2019
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2019
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente