saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 13 de novembro de 2019

 

4.1 37155 (10/PNP-002782)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 11 máis
Sobre as solicitudes que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento en relación co compromiso adquirido polo anterior Goberno de España de impulsar a autovía de novo trazado entre Vigo e O Porriño, a través do Plan extraordinario de investimentos en estradas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar do Ministerio de Fomento que confirme o compromiso adquirido polo anterior Goberno de España de impulsar a autovía de novo trazado entre Vigo e O Porriño a través do Plan extraordinario de investimentos en estradas, como estaba previsto ou, no seu caso, pola vía orzamentaria, e que continúe cos trámites administrativos necesarios para a licitación das obras desta nova autovía no ano 2019”
 

4.9 58181 (10/PNP-004335)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 14 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coa proposta de Estatuto para os Consumidores Electrointesivos elaborada polo Goberno galego, así como as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno central ao respecto. (Procedemento de urxencia)
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia apoia a proposta de Estatuto para os Consumidores Electrointensivos elaborada polo Goberno galego e insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para solicitarlle que asuma esta proposta e que, en consecuencia, adopte todas as medidas previstas de maneira inmediata en tanto que a situación dos 5.000 empregos que en Galicia dependen da industria electrointensiva é crítica, moi especialmente daqueles que dependen da factoría de Alcoa San Cibrao”.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina