A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 19 de setembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 49878 (10/PNC-004039)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para construír un novo centro de saúde no concello de Caldas de Reis no ano 2020, así como para mellorar a asistencia sanitaria que se está a prestar no centro actual e no punto de atención continuada
BOPG n.º 479, do 22.05.2019
Sométese a votación separada por puntos:
Punto 1: (texto transaccionado coa emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 55988), resulta aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
Punto 2: resulta rexeitado por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento insta á Xunta de Galicia a que a Consellería de Sanidade se comprometa a iniciar os trámites para a construción do centro de saúde de Caldas de Reis, tan pronto como o concello ceda os terreos necesarios."
- 55133 (10/PNC-004378)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación laboral do persoal dos centros residenciais dependentes da Consellería de Política Social e a suspensión do artigo 19 do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia
BOPG n.º 528, do 11.09.2019
Sométese a votación separada por puntos:
Punto 1: resulta aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
Puntos 2, 3 e 4: resultan rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que os máximos responsábeis da Consellería de Política Social, a empezar pola conselleira, comparezan no Parlamento galego para dar explicacións sobre a situación do persoal que presta servizos nas residencias dependentes da Consellería."