• Santalices lamenta o pasamento do deputado, do que destaca o seu compromiso e coherencia política
Santiago, 20 de xuño de 2019- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, manifesta o seu pesar polo falecemento do deputado Raúl Fernández Fernández.
O titular do Lexislativo galego expresa o seu pésame á familia do deputado falecido e ponse á súa disposición.
Santalices Vieira destaca o compromiso e coherencia política dos que sempre fixo gala o deputado falecido, unha “persoa tolerante, sempre aberta ao diálogo, coa que era imposible levarse mal”.
O Parlamento de Galicia declarou loito oficial polo falecemento do deputado. Desde esta tarde, as bandeiras ondean a media hasta no Pazo do Hórreo en sinal de pesar.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.