saltar ao contido

Minuto de silencio no Parlamento en memoria das vítimas dos atentados de Sri Lanka

Santiago, 23 de abril de 2019.- O Parlamento de Galicia gardou este mediodía un minuto de silencio en memoria das vítimas dos atentados perpetrados a pasada fin de semana en Sri Lanka, onde perdeu a vida unha parella de galegos. A concentración celebrouse logo da Xunta de Portavoces.
 
O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, expresou onte as súas condolencias ás familias e amigos dos falecidos, ao tempo que se amosou convencido de que “xamais o terrorismo logrará dobregar ás sociedades e ás persoas de ben”.
 
Santalices remitiu tamén cadansúa mensaxe de condolencia aos alcaldes de Pontecesures e de Rianxo, concellos dos que eran oriúndas as vítimas galegas.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina