4.1 47839 (10/MOC-000132)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación co sector da industria electrointensiva galega e o expediente de regulación de emprego temporal presentado por Ferroatlántica. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 41768, publicada no BOPG nº 405, do 03.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 12.03.2019)
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego acorda instar á Xunta de Galicia a:
1. Manter un contacto permanente cos traballadores e traballadoras dos centros de Ferroatlántica en Galicia e coas corporacións municipais dos concellos afectados para defender o mantemento dos postos de traballo e da actividade produtiva.
2. Esixir ao goberno central a inmediata aprobación do Estatuto de Electrointensivas e o seu consenso co sector electrointensivo galego.
3. Esixir ao goberno central a non aplicación na industria galega e de todos os consumidores galegos da suba de prezo da enerxía por mor da aplicación dos suplementos territoriais en canto non se resolvan os recursos pendentes. De non prosperar, esixir que a suba sexa asumida polo Estado”.
4.3 47849 (10/MOC-000134)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia lingüística. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 37279, publicada no BOPG nº 362, do 26.09.2018, e debatida na sesión plenaria do 12.03.2019)
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que:
1º) Garanta que ao remate das etapas educativas nas que o ensino da lingua galega sexa obrigatoria, o alumnado coñeza nos seus niveis oral e escrito a lingua galega en igualdade co castelán.
2º) Manteña a esixencia da acreditación do coñecemento da lingua galega nos procesos de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes naqueles procesos que se desenvolvan na comunidade autónoma de Galicia.
3º) No acceso aos postos da Administración xeral autonómica de Galicia se manteña como requisito a acreditación do coñecemento da lingua galega”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.