A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 19 de febreiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 45335 (10/PNC-003644)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 6 máis
Sobre a realización dun estudo respecto do impacto do deseño na economía galega. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 427, do 06.02.2019
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a realizar un estudo sobre o impacto do deseño na economía galega para coñecer con detalle a súa dimensión e, a ser posible, establecer unha comparativa co resto das comunidades autónomas”.
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 38709 (10/PNC-003093)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pérez Seco, José Manuel e Losada Álvarez, Abel Fermín
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar a competitividade das empresas do sector turístico
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1º) Financiar programas de investigación, desenvolvemento, innovación e tecnoloxía (I+D+i+T) que faciliten a incorporación das empresas turísticas galegas á sociedade do coñecemento.
2º) Promover accións que doten ao sector turístico, conxuntamente coa Administración autonómica, a un papel protagonista no establecemento de estratexias e accións turísticas.
3º) Favorecer a introdución nas empresas turísticas das novas tecnoloxías da información e da comunicación.
4º) O uso de accións de marketing online para a promoción e mellora turística.”
5º) Cumprir as actuacións previstas ao abeiro da Estratexia de Turismo de Galiza 2020."
- 43931 (10/PNC-003512)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
Sobre o impulso da Xunta de Galicia para apoiar o proceso de implantación e desenvolvemento do novo polo tecnolóxico da Coruña "Cidade das TIC"
BOPG n.º 418, do 24.01.2019
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a apoiar de forma activa o proceso de implantación e desenvolvemento do novo polo tecnolóxico da Coruña Cidade das Tic, impulsada polo clúster TIC Galicia en colaboración coa Universidade da Coruña, debéndose acadar o maior apoio institucional para esta iniciativa estratéxica."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 45296 (10/PNC-003642)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para corrixir as deficiencias detectadas no procedemento de concesión do bono social. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 427, do 06.02.2019
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado para:
1.- Adoptar medidas que resolvan as deficiencias apreciadas no procedemento de concesión do bono social para evitar a denegación do bono social ás persoas que teñen dereito ao mesmo, polo mero feito de trabucarse ao cumprimentar a solicitude.
2.- Garantir a concesión automática con efectos retroactivos dende o momento da primeira solicitude no caso de que se aprecie algún erro destas características, sen que se esixa ningunha actuación posterior por parte da persoa interesada.
3.- Levar a cabo as actuacións que permitan acceder ao bono social a aquelas persoas que tendo dereito ao mesmo non podan demostrar os seus ingresos por non estar obrigados a realizar a declaración de IRPF, nin percibir pensión, así como a aquelas persoas que non poidan acceder á titularidade dun contrato de enerxía eléctrica, pero si estean a se facer cargo do importe derivado do consumo en virtude dun contrato de arrendamento”.