4.1 37093 (10/PNP-002780)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 9 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a modificación da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, no que atinxe aos artigos referidos ao exercicio do voto polos españois residentes no exterior
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno do Estado e aos grupos políticos presentes no Congreso dos Deputados, e no marco dos traballos que está a rematar a Subcomisión para a Reforma Electoral creada no seo da Comisión Constitucional que modifique, con carácter de urxencia, a Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, nos artigos referidos ó exercicio do voto polos españois residentes no exterior, para que poidan exercer o seu dereito a voto coas mesmas garantías que os residentes no territorio español, eliminando a solicitude (rogo) do voto, combinando todas as posibilidades de participación electoral que sexan posibles e simplificando o procedemento en beneficio da eficiencia e a axilidade”.
4.2 37208 (10/PNP-002783)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e Pierres López, María Luisa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos servizos de "transporte á demanda" que se están a prestar nas zonas rurais máis desatendidas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a potenciar os servizos de transporte a demanda, dentro da segunda fase do Plan de Transporte Público de Galicia, co obxecto de garantir a mellora da mobilidade das persoas nas zonas rurais máis desatendidas”.
4.5 39526 (10/PNP-002945)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central do asinamento da orde de construción das cinco fragatas F-110 da Armada Española no estaleiro de Navantia, na comarca de Ferrol, así como a garantía dos investimentos tecnolóxicos e das infraestruturas necesarias para promover a conversión desa factoría nun estaleiro 4.0
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 380, do 06.11.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que requira do Goberno de España:
1) A firma, dentro deste ano, da orde de execución das fragatas F-110, un encargo imprescindible para a creación de máis de 7.000 empregos.
2) Garantir os investimentos tecnolóxicos e as infraestruturas que son necesarias para promover a conversión da factoría de Navantia nun Estaleiro 4.0”.
4.6 40088 (10/PNP-003000)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas vítimas do franquismo soterradas en fosas comúns en Galicia, así como con aquelas iniciativas promovidas polo Goberno central ou por comunidades autónomas nas que existan persoas galegas desaparecidas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta ao Goberno galego a elaborar e aprobar, coa participación das entidades locais, universidades e asociacións de memoria histórica, un Plan plurianual de investigación, localización, exhumación e identificación das vítimas do franquismo que están soterradas en foxas comúns en Galicia. O procedemento para a localización basearase na investigación por parte dun equipo multidisciplinar que teña en conta as fontes orais, as probas documentais e a relación de indicios que a xustifiquen. Os traballos de exhumación e identificación realizaranse por equipos profesionais, con financiamento público e de conformidade cos protocolos establecidos. O obxectivo último do plan debe ser a entrega dos restos ás familias e o desenvolvemento de actos de enterramento digno”.
4.7 40278 (10/PNP-003026)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto das intencións do Goberno central referidas á implantación de peaxes nas autovías
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia:
Amosa a súa rotunda oposición á intención do goberno central de establecer peaxes nas autovías, por consideralo unha medida regresiva, que establece barreiras económicas no acceso á servizos básicos como son as infraestruturas viarias, pon en risco a seguridade viaria e que supón un atranco o desenvolvemento económico é a cohesión social en Galicia”.
4.8 40356 (10/PNP-003031)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co actual esquema retributivo dos responsables públicos de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 21.11.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“ O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Realizar un estudo no que se analice o actual esquema retributivo dos responsables públicos galegos.
2. Realizar unha proposta que amose un compromiso real para establecer unha política retributiva máis transparente e coherente co fin de reducir o gasto total en soldos públicos.
3. Incluír nos cadros de persoal que forman parte da información dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia o número, categorías e retribucións de persoal eventual e de Gabinete”.