• Participaron representantes das cámaras dos estados de Dakota do Sur, Illinois, Wisconsin, Carolina do Norte, Kentucky, Texas e Novo México, ademais de integrantes da estrutura da NCSL
Santiago, 12 de xullo de 2018.- Unha delegación da Conferencia Nacional de Lexislaturas Estatais de Estados Unidos (NCSL) visitou este mediodía o Parlamento de Galicia, onde mantiveron un encontro co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieita, ademais de efectuar unha visita á sede do Lexislativo galego.
A delegación está encabezada pola presidenta da NCSL e membro do Senado de Dakota do Sur, Deb Peters. Tamén acudiu a presidenta electa da NCSL e membro do Senado de Illinois, Toi Hutchinson. Participaron, ademais, representantes dos lexislativos de Wisconsin, Carolina do Norte, Kentucky, Texas e Novo México, ademais de integrantes da estrutura da NCSL.
Durante a reunión, o presidente do Parlamento de Galicia explicou a historia, funcionamento e competencias da Cámara galega, ademais de interesarse polo funcionamento das cámaras lexislativas estatais dos Estados Unidos e da propia NCSL.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.