4.1 8675 (10/PNP-000818)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilegal no Código penal, co fin de avanzar na loita contra a corrupción
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado a tipificación dun novo delito de enriquecemento ilícito, conforme aos principios constitucionais”.
4.2 19335 (10/PNP-001426)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre o fomento e acollemento polo Goberno galego, de xeito complementario ao investimento público en tecnoloxía sanitaria, de todas aquelas actuacións de mecenado que redunden nunha mellora do servizo ao doente
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203, do 31.10.2017
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a que, paralelamente ao investimento público en tecnoloxía sanitaria, fomente e acolla de xeito complementario todas aquelas accións de mecenado que redunden nunha mellora do servizo ao paciente”.
4.3 30118 (10/PNP-002221)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e Santos Queiruga, Carmen
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a reforma do sistema de elección de vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial e a garantía da independencia do poder xudicial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:
1.- Cambiar o sistema de eleccións das vogais de procedencia xudicial para que sexan escollidos por as xuízas e xuíces.
2.- Garantir que na elección e nomeamento se asegure de forma efectiva a igualdade de xénero e a presencia das minorías.
3.- Someter a informe do CXPX o anteproxecto de lei que verse sobre as modificacións na Lei Orgánica do Poder Xudicial segundo o establecido no 561 da mesma”.
4.5 30476 (10/PNP-002257)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Antón Vilasánchez, María Ángeles e 9 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Concello de Santiago de Compostela en relación coa redacción do proxecto de accesos á nova estación de autobuses, o cronograma da tramitación administrativa necesaria e os prazos contractuais previstos para garantir o seu acceso axeitado, así como as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto do inicio e execución das obras desa estación
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 305, do 16.05.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Concello de Santiago de Compostela para:
1. Que inicie o antes posible a redacción do proxecto de accesos que garanta a funcionalidade á nova estación de autobuses de Santiago de Compostela a
partir da Rúa Clara Campoamor.
2. Que achegue á Xunta de Galicia un cronograma da tramitación administrativa necesaria e dos prazos contractuais previstos que asegure que, á finalización das obras da estación de autobuses, o seu acceso é axeitado, e permita realizar unha axeitada coordinación da actuación autonómica e da municipal.
Así mesmo o Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que culmine os trámites administrativos que permitan o inicio das obras da estación de autobuses á maior brevidade e que vele para que se executen nos prazos comprometidos”.