• O presidente do Parlamento inaugurou en Santiago unha mesa redonda sobre política e protocolo, organizada pola Asociación Española de Protocolo no marco do seu 25 aniversario
Santiago, 7 de maio de 2018.- “O protocolo só pode considerarse tal se se aplica en democracia e con arreglo aos principios inspiradores do Estado de Dereito. Porque a ausencia de democracia implica arbitrariedade, e a arbitrariedade é incompatible co protocolo”. Son reflexións do presidente do Parlamento de Galicia, Migel Ángel Santalices Vieira, que esta tarde inaugurou en Santiago unha mesa redonda sobre “Os políticos e o protocolo”, organizada pola Asociación Española de Protocolo, no marco dun encontro profesional organizado con motivo do seu 25 aniversario.
Santalices aproveitou a súa intervención, para convidar aos asistentes a analizar se o protocolo actual dispensa a deputadas e deputadas un protagonismo acorde coa representatividade que lles outorgan as urnas.
O presidente do Parlamento confesou que, como responsable público, segue as indicacións que os técnicos de protocolo lle suxiren en cada momento, do mesmo xeito que “temos a obriga de seguir as indicacións dos nosos servizos xurídicos”.
Apuntou que “no Parlamento de Galicia así o facemos, e non nos vai precisamente mal en comparación con outros lugares nos que fan unha interpretación arbitraria da lei”.
Previamente, os integrantes da Asociación Española de Protocolo efectuaron unha visita guiada á sede do Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.