saltar ao contido

Declaración Institucional do Parlamento de Galicia de apoio á campaña “Panos brancos contra a droga”

 
 
 
A riqueza máis importante de calquera país é a súa xente, e sobre todo a xente nova. Neste eido, o consumo de drogas está a afectar a toda a sociedade en xeral e á xuventude en particular, levando ás familias á ruína. Desde o Parlamento somos conscientes desta problemática, e amosamos todo o noso apoio á campaña “Panos Brancos contra a Droga”, promovida pola Fundación Galega contra o Narcotráfico.
 
O Parlamento de Galicia quere apoiar o fomento de actividades como as desenvolvidas pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, como mostra de que a mellor política que podemos levar á práctica contra a droga, na nosa Comunidade Autónoma, son a prevención e a información, e transmitir á sociedade o esforzo e a colaboración das administracións públicas contra os que se lucran do comercio ilícito das drogas, liderando o rexeitamento social contra os mesmos.
 
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2010

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina