A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 15 de marzo de 2018, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 25414 (10/PNC-001971)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre a dotación pola Xunta de Galicia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense dunha cociña propia e de calidade, adaptada ás necesidades do hospital
BOPG n.º 260, do 14.02.2018
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dotar ao CHOU dunha cociña propia e de calidade adaptada ás necesidades do hospital."
- 26080 (10/PNC-002007)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir o cumprimento pola empresa concesionaria da autovía do Salnés das condicións laborais do persoal encargado do seu mantemento, así como a seguridade viaria das persoas usuarias
BOPG n.º 264, do 21.02.2018
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a esixirlle á empresa concesionaria do mantemento da autovía do Salnés o cumprimento das condicións laborais para garantir a seguridade laboral dos/as traballadores/as responsábeis do mantemento da vía así como dos/as usuarios/as."