saltar ao contido

Acordos da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 08 de marzo de 2018

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 8 de marzo de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 23017 (10/PNC-001838)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa defensa dos intereses pesqueiros galegos no proceso de negociación do "Brexit"
BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
0 texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a desenvolver unha política de actuación na defensa da pesca no marco europeo diante dos retos específicos que se abren para o noso sector marítimo pesqueiro neste ámbito e que nos leve a abordar o BREXIT mediante a busca de aliados na defensa dos intereses pesqueiros dentro deste proceso e a plasmar no eido europeo as informacións emanadas do grupo de traballo no seo do Consello Galego de Pesca para analizar cada paso que o proceso vaia dando”.
 
- 23023 (10/PNC-001841)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da realización de xestións diante da Unión Europea para que reforce o seu impulso dunha gobernanza global das poboacións pesqueiras diante de organismos internacionais como a ONU, a FAO ou a OMC
BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 8 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia, a que se dirixa por medio do Estado á Unión Europea para que reforce a súa acción a prol da posibilidade de promover unha gobernanza global das poboacións pesqueiras ante organismos internacionais como a ONU, a FAO ou a OMC”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina