saltar ao contido

O Parlamento de Galicia edita unha unidade didáctica para mellorar o aproveitamento académico do alumnado que visite a institución

 
• Inclúe un Caderno de traballo para o alumnado e unha Guía para o profesorado, que se poden consultar e descargar na web do Parlamento

Santiago, 5 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia vén de editar unha unidade didáctica orientada a mellorar o aproveitamento académico das visitas guiadas á sede do poder lexislativo.
 
A Guía está integrada por un Caderno de traballo para o alumnado e unha Guía para o profesorado. As dúas pezas poden consultarse e descargarse, de balde, desde a web do Parlamento de Galicia (http://www.parlamentodegalicia.es/AsTuasInstitucions/)
 
A edición desta guía enmárcase no programa Coñece as túas institucións, impulsado polo Parlamento de Galicia e pola Xunta de Galicia a través dun convenio asinado en decembro pasado. Deste xeito, alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO matriculado en centros públicos da Comunidade Autónoma pode acceder a desprazamentos gratuítos para visitar as sedes do Lexislativo e do Executivo autonómicos, en Santiago de Compostela.
 
A primeira das visitas enmarcadas neste programa efectuarase a vindeira semana. A idea é que o alumnado participante nesta experiencia poda familiarizarse, previamente, mediante o traballo na clase, coas competencias, historia e funcionamento das institucións autonómicas, así como avanzar no coñecemento dos valores democráticos.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina