A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 6 de marzo de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 27 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Comparecencias
1.1 26989 (10/CPP-000050)
Do Sr. vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por petición propia, para dar conta da proposta da Xunta dentro do proceso negociador para mellorar as condicións dos traballadores da Administración da Xustiza en Galicia
Acumúlase na anterior a seguinte:
1.2 26939 (10/CPP-000049)
Do Sr. vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por petición do G.P. de En Marea, do G.P. dos Socialistas de Galicia e do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para dar explicacións en relación coa folga na Xustiza
1.3 26041 (10/CPP-000048)
Da Sra. conselleira de Infraestruturas e Vivenda, por petición propia, para abordar os obxectivos e desenvolvemento do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260, do 14.02.2018
Punto 2. Mocións
2.1 26868 (10/MOC-000073)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa reforma do sistema de financiamento autonómico. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 24390, publicado no BOPG n.º 255, do 07.02.2018, e debatida na sesión plenaria do 20.02.2028)
2.2 26879 (10/MOC-000074)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa execución e remate dos procesos de concentración parcelaria que se están a levar a cabo. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 20395, publicada no BOPG n.º 219, do 29.11.2017, e debatida na sesión plenaria do 20.02.2018)
2.3 26884 (10/MOC-000075)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa
Sobre a demanda pola Xunta de Galicia ao Ministerio de Fomento da licitación das obras de diversas autovías de Galicia, a través do Plan extraordinario de estradas do Goberno central para os anos 2018 e 2019. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 23197, publicada no BOPG n.º 247, do 25.01.2018, e debatida na sesión plenaria do 20.02.2018)
Punto 3. Proposicións non de lei
3.1 16409 (10/PNP-001256)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre a mellora e ampliación pola Xunta de Galicia do programa galego de pacientes polimedicados
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 178, do 20.09.2017
3.2 21776 (10/PNP-001631)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa e 6 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para que os patios dos centros educativos sexan espazos de relación coeducativos nos que se promova a igualdade e se rompan as dinámicas de xerarquías e dos estereotipos de xénero así como para potenciar usos diversos das superficies dispoñibles
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
3.3 22846 (10/PNP-001680)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Consellería do Mar para evitar o impacto no medio ambiente, no río Ulla e na ría de Arousa, do proxecto de reapertura da mina de cobre situada nos concellos de Touro e do Pino
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
3.4 25181 (10/PNP-001796)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central para acadar a igualdade laboral e salarial entre mulleres e homes, así como a ratificación do Convenio número 189 da OIT e a Recomendación número 201, sobre o traballo decente para as traballadoras e traballadores domésticos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260, do 14.02.2018
3.5 26134 (10/PNP-001844)
Grupo Parlamentario de En Marea
Chao Pérez, Luca e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para reforzar o papel das escolas e do profesorado a prol da igualdade, así como da prevención das violencias machistas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
3.6 26209 (10/PNP-001853)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 10 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de igualdade, conciliación e corresponsabilidade, eliminación de roles e estereotipos de xénero na comunicación e nos ámbitos familiar e laboral, flexibilización do tempo de traballo, racionalización horaria e loita contra a fenda salarial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
3.7 26211 (10/PNP-001854)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego antes do ano 2020, e as demandas que debe realizar ao Goberno central, en relación coa fenda salarial de xénero, a Lei 35/2010 e o Real Decreto lei 3/2012, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
3.8 26274 (10/PNP-001863)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo en materia de igualdade e equidade salarial entre mulleres e homes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
Punto 4. Interpelacións
4.1 20572 (10/INT-000681)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Cal Ogando, Marcos
Sobre a política do Goberno galego en materia de xénero
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 219, do 29.11.2017
4.2 22216 (10/INT-000754)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre que medidas prevé adoptar o Goberno galego para o cumprimento dos acordos parlamentarios en relación coa AP 9
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
4.3 26272 (10/INT-000848)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e 4 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia para acadar a igualdade entre homes e mulleres nos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía, a investigación e a innovación
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
5.1 26979 (10/POPX-000076)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a actuación do Goberno galego diante das demandas da cidadanía expresadas a través do exercicio dos dereitos de manifestación ou folga
5.2 26980 (10/POPX-000077)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da realización en Galicia de todo o posible para promover a igualdade de xénero
5.3 26982 (10/POPX-000078)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre a incidencia das políticas do Goberno galego na consecución da igualdade real entre mulleres e homes
Punto 6. Preguntas ao Goberno
6.1 24758 (10/POP-002986)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 4 máis
Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para a implantación do procedemento de contratación directa dos profesionais das oficinas xudiciais de atención psicolóxica ás vítimas de violencia machista
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
6.2 26227 (10/POP-003118)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e 2 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da comprobación da posta en práctica pola CRTVG dun código deontolóxico e de autorregulación para a publicidade e a comunicación non sexista
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
6.3 24633 (10/POP-002980)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Castiñeira Broz, Jaime e 6 máis
Sobre o balance que fai a Xunta de Galicia en relación cos resultados da primeira convocatoria de axudas para a instalación de ascensores realizada no ano 2017, así como as previsións ao respecto para o ano 2018
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
6.4 26972 (10/PUP-000152)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e 13 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto da contía media das pensións en Galicia, que afecta de maneira máis grave ás mulleres
6.5 26967 (10/PUP-000151)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as razóns da contratación, a través dun procedemento negociado sen publicidade, dun programa de actividades para promoción do evento Xacobeo 2021 por importe de case tres millóns de euros (IVE incluído)
6.6 23459 (10/POP-002835)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 3 máis
Sobre a dispoñibilidade polo Goberno galego na actualidade dun plan específico de atención integral á saúde das mulleres
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
6.7 26248 (10/POP-003121)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da atención das demandas en materia laboral formuladas polos profesionais que prestan servizo nos puntos de atención continuada do Sergas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
6.8 25960 (10/POP-003088)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Arias, Marta e 6 máis
Sobre as melloras levadas a cabo pola Xunta de Galicia nos últimos anos nas instalacións dos centros de menores
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
6.9 26960 (10/PUP-000150)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e 2 máis
Sobre as medidas que vai levar a cabo o Goberno galego para o recoñecemento do labor historicamente desenvolvido polas mulleres do mar
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente