A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 26 de febreiro de 2018, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 19864 (10/PNC-001614)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pérez Seco, José Manuel e 2 máis
Sobre a realización de xestións polo Goberno galego coas empresas subministradoras de enerxía eléctrica para resolver as deficiencias que presenta a electrificación no medio rural
BOPG n.º 211, do 15.11.2017
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes con dereito a voto.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que se dirixa ás empresas subministradoras de enerxía eléctrica co fin de que os plans de investimentos anuais contemplen especificamente a singularidade e necesidades do rural galego para continuar a mellora a calidade da subministración eléctrica."