A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 20 de febreiro de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario de En Marea, para a derrogación da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias de emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia (10/PPL-000011)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 229, do 19.12.2017
Punto 3. Comparecencias 26036 (10/CPP-000047)
Do Sr. conselleiro de Política Social, por petición propia, para dar conta sobre as medidas de protección á infancia en Galicia
Punto 4. Mocións 4.1 25942 (10/MOC-000070)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas listas de espera non estruturais do Sergas. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 15770, publicada no BOPG n.º 174, do 13.09.2017, e debatida na sesión plenaria do 06.02.2018)
4.2 25949 (10/MOC-000071)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación co investimento en Galicia previsto no Proxecto de orzamentos do Estado para 2017, así como os traballos e as conclusións da Comisión de Seguimento dos Orzamentos do Estado. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 22234, publicada no BOPG n.º 236, do 10.01.2018, e debatida na sesión plenaria do 06.02.2018)
4.3 25952 (10/MOC-000072)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co acceso ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 8083, publicada no BOPG n.º 105, do 26.04.2017, e debatida na sesión plenaria do 06.02.2018)
Punto 5. Proposicións non de lei
5.1 7071 (10/PNP-000633)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa prestación de asistencia persoal para garantir o dereito á vida independente das persoas con diversidade funcional
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 05.04.2017
5.2 10214 (10/PNP-001764)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
de iniciativa popular, sobre as medidas que debe impulsar a Xunta de Galicia, diante do Goberno central, en relación coa protección dos viticultores do ámbito dos consellos reguladores da Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras afectados polas xeadas acaecidas nos últimos días de abril de 2017
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 252, do 02.02.2018
5.3 15181 (10/PNP-001198)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre a constitución no Parlamento de Galicia dunha ponencia específica para a análise e a elaboración dunha proposta sobre o novo marco político e institucional de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
5.4 19842 (10/PNP-001472)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
Sobre a introdución na etiquetaxe do selo “"pescadeRías ¿de onde se non?" do prezo pagado por quilo ao mariñeiro ou mariscadora, así como dun código QR que leve directamente ao apartado de trazabilidade do produto na páxina web
www.deondesenon.xunta.gal Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017
5.5 24277 (10/PNP-001753)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Grupo Parlamentario de En Marea
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa inclusión das enfermidades minoritarias ou raras consideradas graves e os casos deste tipo en proceso de diagnóstico na listaxe de enfermidades reflectidas no anexo do Real decreto 1149/2011, así como a introdución neste das modificacións necesarias co fin de definir o que se considera coidado directo, continuo e permanente para os efectos dunha prestación
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
5.6 24628 (10/PNP-001771)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Castiñeira Broz, Jaime e 7 máis
Sobre a inclusión pola Xunta de Galicia da construción modular de vivendas no seu Programa de vivenda de promoción pública
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
5.7 24683 (10/PNP-001775)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación co feminismo galego e a convocatoria de folga de mulleres prevista para o día 8 de marzo de 2018 para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e no dereito a vivir sen violencias
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
5.8 24725 (10/PNP-001776)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias para evitar a desigualdade de trato entre empregados públicos autonómicos fixos e temporais, conforme á doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
5.9 24866 (10/PNP-001781)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 7 máis
Sobre a presentación pola Xunta de Galicia, no primeiro cuadrimestre de 2018, dun balance da execución do III Plan director da cooperación galega 2014-2017, a elaboración dun novo plan director para o período 2018-2021, así como a inclusión da acción humanitaria de calidade entre as súas orientacións estratéxicas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
Punto 6. Interpelacións
6.1 20395 (10/INT-000675)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co remate dos procesos de concentración parcelaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 219, do 29.11.2017
6.2 23197 (10/INT-000774)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Fernández, Raúl e 7 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co Plan extraordinario de estradas do Goberno central
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
6.3 24390 (10/INT-000805)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa reforma do sistema de financiamento autonómico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta 7.1 26038 (10/POPX-000073)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a opinión do Goberno galego en relación coa folga convocada para o día 8 de marzo de 2018, tendo en conta a discriminación laboral e social que padecen as mulleres
7.2 26039 (10/POPX-000074)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a xestión que está a levar a cabo o Goberno galego en relación cos seus compromisos con Galicia
7.3 26040 (10/POPX-000075)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre o horizonte temporal da política de propaganda que está a levar a cabo o executivo galego en relación coa súa acción de goberno
Punto 8. Preguntas ao Goberno 8.1 26030 (10/PUP-000145)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en relación coas demandas dos traballadores da Administración de xustiza en Galicia
8.2 26032 (10/PUP-000146)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as medidas adoptadas ou previstas pola Xunta de Galicia en relación coas supostas irregularidades existentes na xestión do vertedoiro da canteira de Miramontes, na parroquia de Grixoa, no concello de Santiago de Compostela
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.