4.6 22988 (10/PNP-001685)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a pena de cadea permanente revisable introducida no ordenamento xurídico español pola Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de noviembre, do Código penal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“PRIMEIRO.- O seu apoio á figura da prisión permanente revisable incorporada ao ordenamento xurídico español pola Lei Orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que semodifica a Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal.
SEGUNDO.-Instar aos diferentes Grupos Parlamentarios
con representación no Congreso dos Deputados a que reconsideren a súa postura sobre a derogación da prisión permanente revisable.
TERCEIRO.- Dar traslado destes acordos ao Ministro de Xustiza e aos Grupos Políticos do Congreso do Senado”
4.7 23160 (10/PNP-001691)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas necesidades existentes e as melloras necesarias no transporte ferroviario entre Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Esixir do Goberno central unha equiparación das políticas e modalidades tarifarias en todo o territorio galego para evitar a actual e evidente situación de discriminación que se ve en función do lugar de residencia dos galegos e galegas.
2.- Solicitar do Goberno central unha amliacion das frecuencias horarias desde Ourense para mellorar a comunicación con Compostela e A Coruña.
3.- Reformular os termos e condicións dos bonos de transporte Abono Tarxeta Plus, Tarxeta Plus 10 e Tarxeta Plus 10 Estudantes para aumentar o período de uso que rexe a partir da data da primeira formalización da reserva, de forma que se poida empregar en máis tempo que na actualidade.
4.- Ampliar a frecuencia horaria da liña rexional Ourense -Santiago para mellorar a mobilidade e entre as poboacións intermedias de acordo coa demanda”.
4.8 23560 (10/PNP-001707)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 5 máis
Sobre a solicitude pola Xunta de Galicia ao Goberno do Estado da aplicación, nos casos de herdanzas ou doazóns con residentes en países terceiros (que non pertenzan á UE nin ao EEE) nos que resida o causante, o herdeiro ou o donatario, ou no que se atope un inmoble obxecto de doazón, do mesmo criterio que para o caso de residentes na Unión Europea
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno do Estado:
1. Que nos casos de herdanzas ou doazóns con residentes en países terceiros (que non pertenzan á UE nin ao EEE), nos que resida o causante, o herdeiro ou o donatario, ou no que se atope un inmoble obxecto de doazón, se aplique o mesmo criterio que para o caso de residentes na Unión Europea, en definitiva que tributen no ISD de acordo coa normativa da Comunidade Autónoma e non a estatal.
2. Que se ceda ás Comunidades Autónomas o rendemento do imposto sobre sucesións e doazóns nestes casos, comprendendo tamén esta cesión a delegación das competencias de xestión, recadación, inspección e revisión correspondentes”.