Santiago, 7 de decembro de 2010.- Os portavoces dos tres grupos representados no Parlamento de Galicia solicitaron esta tarde á Presidencia da Cámara que se dirixa ao Congreso dos Deputados para solicitar o aprazamento, para unha ulterior sesión, do debate de toma en consideración da Proposición de Lei do Parlamento de Galicia, de modificación da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xullo, do réxime electoral xeral, para posibilitar a homoxeneización do procedemento de voto das persoas residentes no exterior co resto da cidadanía.
A solicitude de aprazamento formulada polos grupos débese a que a data prevista para o debate de toma en consideración na sesión plenaria do Congreso, o vindeiro 14 de decembro, coincide coa celebración dun Pleno no Parlamento de Galicia.
Saúdos, Gabinete de Comunicación