saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª., Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 24 de novembro de 2017

A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 24 de novembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 13259 (10/PNC-001246)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco e 2 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para impulsar o proxecto Rugby nos cárceres
BOPG n.º 166, do 31.08.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Presentar o proxecto "Rugby nas cárceres" da Federación Galega de Rugby, así como calquera outro proxecto de similares características en materia deportiva ante as Institucións Penitenciarias do Estado, instándolles a dar todas as facilidades e colaboración precisa para o seu desenvolvemento nos cárceres de Galicia.
 
2.-Colaborar economicamente con este proxecto, xunto coa Federación Galega de Rugby, solicitando así mesmo a achega de Institucións Penitenciarias no financiamento deste tipo de proxectos deportivos nos cárceres galegos.
 
3.- Difundir dende a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, esta encomiable e interesante iniciativa para darlle maior visibilidade."
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina