saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 7 de novembro de 2017

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 7 de novembro de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 31 de outubro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
 Debate de totalidade do Proxecto de lei de espectáculos públicos e actividades recreativas (doc. núm. 16854, PL-000006)
 
Punto 2. Comparecencias
 
2.1 18948 (10/CPP-000040)
 
 Do  Sr. presidente da Xunta de Galicia, a petición propia, para informar sobre a resposta ante a extraordinaria vaga de lumes que acaba de sufrir Galicia nos últimos días
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 24.10.2017
 
Acumúlase na anterior, a seguinte:
2.2 18749 (10/CPP-000038)
 Do Sr. presidente da Xunta de Galicia, solicitada polos GG.PP. do Bloque Nacionalista Galego, dos Socialistas de Galicia, e de En Marea, para analizar a gravísima situación creada polos lumes forestais e urbanos que asedian o país
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 195, do 18.10.2017
 Publicación correccións, BOPG n.º 197, do 20.10.2017
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 19219 (10/MOC-000052)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas incidencias detectadas no inicio do curso escolar 2017-2018. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 16633, publicada no BOPG n.º 182, do 27.09.2017, e debatida na sesión plenaria do 17.10.2017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 24.10.2017
 
3.2 19247 (10/MOC-000053)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Quiroga Díaz, José Antonio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proceso de elaboración do novo Plan forestal de Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 10194, publicada no BOPG. n.º 128, do 14.06.2017, e debatida na sesión plenaria do 17.10.2017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 24.10.2017
 
3.3 19248 (10/MOC-000054)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co orzamento destinado ao Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018, así como a publicación das axudas correspondentes a ese plan. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 10583, publicada no BOPG. n.º 136, do 28.06.2017, e debatida na sesión plenaria do 17.10.2017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 24.10.2017
 
Punto 4. Proposicións non de lei

 
4.1 7663 (10/PNP-000699)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Trenor López, Gonzalo e 7 máis
 Sobre a elaboración polo Goberno galego, no ano 2017, dos plans reitores de uso e xestión dos seis parques naturais de Galicia e do Parque Nacional das Illas Atlánticas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 100, do 19.04.2017
 
4.2 13018 (10/PNP-001103)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Castiñeira Broz, Jaime e 6 máis
 Sobre o impulso da Xunta de Galicia na elaboración dunha lei de rehabilitación de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 158, do 04.08.2017
 
4.3 15853 (10/PNP-001229)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre a creación polo Goberno galego dun organismo no que participen os diversos colectivos que conforman o dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais co fin de analizar os lumes de cuarta e quinta xeración, establecer os protocolos de actuación idóneos e adaptar os medios humanos e materiais a eses lumes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 178, do 20.09.2017
 
4.4 17676 (10/PNP-001318)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a restitución ao patrimonio público e a declaración como ben de interese cultural de dúas estatuas do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela que están a formar parte da exposición sobre a obra do Mestre Mateo inaugurada no pazo de Xelmírez, así como para garantir a protección legal de todos os bens existentes dentro do pazo de Meirás
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 05.10.2017
 
4.5 18655 (10/PNP-001374)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 6 máis
 Sobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co proxecto de reapertura e explotación da mina de cobre de San Rafael, nos concellos de Touro e O Pino
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 194, do 17.10.2017
 
4.6 19027 (10/PNP-001397)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, Julio
 Sobre a adopción polo Goberno galego das medias necesarias para activar o Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galicia nos litorais afectados, co fin de evitar os posibles riscos derivados da vaga de incendios rexistrada o día 15 de outubro de 2017
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 24.10.2017
 
4.7 19141 (10/PNP-001405)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a constitución dunha comisión parlamentaria de estudo para a investigación das causas, procedementos de xestión e consecuencias da vaga de lumes de outubro de 2017
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 24.10.2017
 
4.8 19153 (10/PNP-001407)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 4 máis
 Sobre o deseño polo Goberno galego dun plan urxente de rexeneración ambiental das zonas protexidas afectadas pola vaga de incendios rexistrada en Galicia a mediados de outubro de 2017, así como a restauración das dotacións de servizos básicos afectadas polos lumes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 24.10.2017
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 18688 (10/INT-000610)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Quiroga Díaz, José Antonio e Pérez Seco, José Manuel
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa prevención dos incendios forestais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 195, do 18.10.2017
 
5.2 19039 (10/INT-000621)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e 13 máis
 Sobre a política do Goberno galego en materia de prevención e loita contra os incendios forestais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 24.10.2017
 
5.3 19139 (10/INT-000627)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a política do Goberno galego en materia de prevención e loita contra os incendios forestais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 24.10.2017
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 19530 (10/POPX-000055)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a xestión do Goberno galego en relación co actual momento político
 
6.2 19536 (10/POPX-000056)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a opinión do Goberno galego en relación cos políticas levadas a cabo en materia de emprego
 
6.3 19545 (10/POPX-000057)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para evitarlle á poboación unha situación como a padecida o domingo 15 de outubro de 2017

 
Punto 7. Preguntas ao Goberno

 
 
7.1 18954 (10/POP-002264)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pérez Seco, José Manuel e Losada Álvarez, Abel Fermín
 Sobre as razóns da Xunta de Galicia para non participar no Fairway (Fórum do Camiño de Santiago)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 200, do 25.10.2017
 
7.2 19083 (10/POP-002279)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre a dispoñibilidade pola Xunta de Galicia dalgún protocolo de actuación e xestión da comunicación de crise
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 200, do 25.10.2017
 
7.3 19548 (10/PUP-000116)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para exixir responsabilidades á concesionaria da AP-9 e evitar no futuro novas situacións de colapso como a rexistrada o 27 de outubro na ponte de Rande
 
7.4 19546 (10/PUP-000115)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 2 máis
 Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para evitar o peche da conserveira Esteiro SU pola dirección de Calvo
 
7.5 14640 (10/POP-001971)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 7 máis
 Sobre o balance da Xunta de Galicia respecto da súa política de fomento da especialización dos campus universitarios
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 170, do 06.09.2017
 
7.6 17719 (10/POP-002176)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Losada Álvarez, Abel Fermín
 Sobre a valoración pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da posibilidade de dotar de estudos de ensino postobrigatorio a localidade de Salceda de Caselas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 05.10.2017
 

7.7 16075 (10/POP-002084)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da consignación dunha partida orzamentaria suficiente para o arranxo das deficiencias que presenta o edificio do Centro de Saúde de Mugardos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 178, do 20.09.2017
 
7.8 19414 (10/PUP-000112)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 4 máis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto do tratamento dado ás vítimas mortais da vaga de incendios forestais de outubro de 2017 e ás súas familias
 
7.9 15365 (10/POP-002038)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego en relación cos datos publicados por Anfaco-Cecopesca en xuño de 2017 respecto das exportacións do sector da conserva
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
7.10 15404 (10/POP-002048)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
 Sobre o número de novos permisos de explotación marisqueira convocados para o ano 2017
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina