saltar ao contido

Acordo da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 24 de outubro de 2017

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 24 de outubro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 13979 (10/PNC-001287)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 6 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para avanzar na formación da lingua galega para adultos, a través de medidas como a posta en marcha do CELGA 4 en liña
BOPG n.º 166, do 31.08.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 6 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a avanzar na formación da lingua galega para adultos, a través de medidas como a posta en funcionamento do CELGA 4 en liña; ademais de potenciar e facilitar a realización dos exames que acrediten a competencia lingüística en galego."
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina