saltar ao contido

Acordo da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 10 de outubro de 2017

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 10 de outubro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 6348 (10/PNC-000639)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir o asentamento de industrias no medio rural
BOPG n.º 83, do 15.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir traballando constantemente para garantir o asentamento de industria no noso rural."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina