saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 17 de outubro de 2017

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 17 de outubro de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 10 de outubro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia (doc. núm. 339, 10/PPLI-000001)
 Publicación da Proposición de lei, BOPG n.º 140, do 05.07.2017
 
1.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de Portos de Galicia (doc. núm. 14376, 10/PL-000005)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 179, do 21.09.2017
 
1.3 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, sobre a Proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (doc. núm. 13196, 10/PPL-000009)

 
Punto 2. Comparecencias
 
 18547 (10/CPP-000036)
 Da sra. conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, por petición propia, para dar conta da súa política en materia de paisaxe e ordenación do territorio
 

Punto 3. Mocións
 
3.1 17886 (10/MOC-000049)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de atención ás persoas en situación de dependencia. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 15654, publicada no BOPG nº 174, do 13.09.2017, e debatida na sesión plenaria do 26.09.2017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 05.10.2017
 
3.2 17887 (10/MOC-000050)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas perdas ocasionadas polas extremas condicións climatolóxicas no sector agrario. (Moción, a consecuencia da Interpelación n. 15083, publicada no BOPG nº 174, do 13.09.2017, e debatida na sesión plenaria do 26.09.2017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 05.10.2017
 
3.3 17888 (10/MOC-000051)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre a elaboración polo Goberno galego dun novo plan sectorial eólico de Galicia, así como as actuacións que debe levar a cabo mentres non se aprobe. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 15065, publicada no BOPG nº 174, do 13.09.2017, e debatida na sesión plenaria do 26.09.2017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 05.10.2017

Punto 4. Proposicións non de lei

4.1 1042 (10/PNP-000096)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Fernández, Raúl e 2 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa execución da liña e das infraestruturas de alta velocidade ferroviaria en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 23.11.2016
 
4.2 5776 (10/PNP-000492)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 González Vázquez, José e 5 máis
 Sobre a solicitude polo Goberno galego ao Goberno central da cesión ás comunidades autónomas do rendemento do imposto sobre sucesións e doazóns derivado da obriga real de contribuír, da obriga persoal do causante non residente, así como da adquisición de bens inmobles situados fóra de España, xunto coa delegación das competencias de xestión, recadación, inspección e revisión correspondentes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 08.03.2017
 
4.3 8124 (10/PNP-001368)
 Grupos Parlamentarios: Popular de Galicia, de En Marea, dos Socialistas de Galicia e do Bloque Nacionalista Galego
 De iniciativa popular, sobre a realización por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria das adaptacións necesarias para incluír a obrigatoriedade da materia de Historia da Filosofía como  troncal na oferta de bacharelato, así como a demanda ao Goberno do Estado para que propicie nos traballos para o denominado "Pacto educativo" un debate en profundidade sobre a situación da fisolofía no sistema educativo e a necesidade da súa pervivencia
 
4.4 14901 (10/PNP-001193)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cal Ogando, Marcos e Villares Naveira, Luis
 Sobre o establecemento pola Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos e a Fegamp, dun plan de mellora da rede de distribución de auga no conxunto do territorio galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 170, do 06.09.2017
 
4.5 16414 (10/PNP-001257)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pazos Couñago, José Alberto e 10 máis
 Sobre o requirimento polo Goberno galego ao Concello de Vigo do remate da urbanización do contorno do hospital público Álvaro Cunqueiro habilitando, en condicións de igualdade, as prazas de aparcamento en superficie necesarias para o normal funcionamento do centro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 178, do 20.09.2017
 
4.6 17226 (10/PNP-001299)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da introdución de modificacións en diversos artigos da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182, do 27.09.2017
 
4.7 17349 (10/PNP-001306)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos danos ocasionados pola seca nas producións agrarias e gandeiras do sur da provincia de Ourense, en particular na produción de castaña, mel e forraxes para o gando
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 05.10.2017
 
4.8 17987 (10/PNP-001338)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre a realización de xestións polo Goberno galego para frear a destrución de emprego, garantir os dereitos laborais e procurar a viabilidade e continuidade da empresa Maderas Iglesias, S.A. nos seus centros de produción do Porriño e Mos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 05.10.2017
 
4.9 17997 (10/PNP-001339)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Rodríguez Estévez, David
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación cos labores que están a desenvolver os axentes medioambientais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 05.10.2017

Punto 5. Interpelacións

5.1 10194 (10/INT-000431)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Quiroga Díaz, José Antonio e Pérez Seco, José Manuel
 Sobre o proceso de elaboración do novo Plan forestal de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 128, do 14.06.2017
 
5.2 10583 (10/INT-000456)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 6 máis
 Sobre a diminución da contía orzamentaria dedicada ás axudas ao Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 136, do 28.06.2017
 
5.3 16633 (10/INT-000565)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre as incidencias detectadas no inicio do curso escolar 2017-2018
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182, do 27.09.2017
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta

6.1 18475 (10/POPX-000052)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a valoración do Goberno galego en relación co número de empresas deslocalizadas de Galicia nos últimos anos
 
6.2 18494 (10/POPX-000053)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a avaliación do Goberno galego en relación cos efectos da situación das rías na produción marisqueira
 
6.3 18514 (10/POPX-000054)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para a retirada do Anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

 
Punto 7. Preguntas ao Goberno

7.1 14105 (10/POP-001842)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 5 máis
 Sobre os cambios políticos que se teñen producido na provincia de Pontevedra nos últimos dous anos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
 
7.2 15290 (10/POP-002030)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Romero Fernández, Cristina Isabel e 6 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto dos efectos do constante incremento da chegada de turistas a Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
7.3 18512 (10/PUP-000110)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 5 máis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da responsabilidade de dotar suficientemente as partidas orzamentarias destinadas á igualdade, así como á violencia de xénero
 
7.4 18515 (10/PUP-000111)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre a campaña publicitaria da Xunta de Galicia #DameGalicia
 
7.5 16652 (10/POP-002105)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto do impacto social, ambiental e paisaxístico que tería a execución do proxecto de creación da área deportiva das Costeiras, no concello de Baiona
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182, do 27.09.2017
 
7.6 12962 (10/POP-001581)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Castiñeira Broz, Jaime e 6 máis
 Sobre as medidas de bonificación do prezo de venda e da adxudicación en dereito de superficie nos concursos de solo empresarial
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 158, do 04.08.2017
 
7.7 16734 (10/POP-002117)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco
 Sobre o grao de execución orzamentaria actual no referido ao número de solicitudes aprobadas, así como ao importe total adxudicado, das partidas correspondentes ao tícket eléctrico, destinado a axudar as familias ao pagamento das facturas da luz, así como no referido ás axudas urxentes de tipo social para evitar cortes na subministración de luz e gas a consecuencia do non pagamento de recibos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182, do 27.09.2017 
 
7.8 18482 (10/PUP-000109)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre a posición da Xunta de Galicia en relación co proxecto de reapertura da mina de cobre a ceo aberto de Touro
 
7.9 13753 (10/POP-001708)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre a calidade asistencial en atención primaria e nos hospitais comarcais despois da modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
 
7.10 15404 (10/POP-002048)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
 Sobre o número de novos permisos de explotación marisqueira convocados para o ano 2017
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2017
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina