A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 12 de setembro de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 5 de setembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos lexislativos
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para presentar perante o Congreso dos Deputados, pola que se aproba o modelo de financiamento de Galicia (doc. núm. 1954, 10/PPLC-000001)
Publicación do texto a presentar perante o Congreso, BOPG n.º 26, do 07.12.2016
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. Popular de Galicia, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (doc. núm. 13196, 10/PPL-000009)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 154, do 28.07.2017
1.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, de modificación da Lei 09/2011, do 9 de novembro, do medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia (doc. núm. 8740, 10/PPL-000007).
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017
Punto 2. Comparecencia
15189 (10/CPP-000034)
Do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, por petición propia, para informar da Estratexia de Autónomos 2020
Punto 3. Mocións
3.1 12379 (10/MOC-000040)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co desmantelamento dos servizos ferroviarios Renfe-Feve no territorio galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 149, do 20.07.2017
3.2 12687 (10/MOC-000042)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa política en materia de ensino no medio rural
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 149, do 20.07.2017
3.3 12711 (10/MOC-000043)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co financiamento do Fondo de Compensación Interterritorial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156, do 02.08.2017
3.4 12727 (10/MOC-000044)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co intrusismo profesional no ámbito sanitario
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156, do 02.08.2017
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 11042 (10/PNP-001032)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos servizos de transporte público de viaxeiros por estrada de uso xeral
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 140, do 05.07.2017
4.2 11104 (10/PNP-001041)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
Sobre a posta en funcionamento polo Goberno galego dos mecanismos necesarios para redefinir de forma consensuada coa comunidade educativa a actual rede de centros, de xeito que se garanta de forma efectiva a igualdade de oportunidades a toda a poboación de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 140, do 05.07.2017
4.3 13365 (10/PNP-001128)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para a construción dun centro de día en Rianxo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
4.4 13602 (10/PNP-001145)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 7 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para promover a formación das persoas desempregadas a través do "cheque formación"
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
4.5 13751 (10/PNP-001153)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia en relación co Anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
4.6 13811 (10/PNP-001155)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre as medidas que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Ministerio de Xustiza para mellorar a organización xudicial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
4.7 14332 (10/PNP-001171)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia en relación coa situación do Pazo de Meirás, a Fundación Franco e a elaboración dunha lei galega de memoria histórica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
4.8 14333 (10/PNP-001172)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e 13 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia con respecto ao acordo do Concello de Sada en relación coa xestión que se está realizando do BIC-Pazo de Meirás
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
Punto 5. Interpelacións
5.1 10899 (10/INT-000471)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David
Sobre o modelo de prevención e extinción de incendios forestais da Xunta de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 136, do 28.06.2017
5.2 13965 (10/INT-000522)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
Sobre oa reforma da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
5.3 14385 (10/INT-000528)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre o Anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 15201 (10/POPX-000046)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para garantir a devolución da titularidade pública do Pazo de Meirás
6.2 15249 (10/POPX-000047)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da incidencia que vai ter a regulación prevista no Anteproxecto de lei de modificación da Lei de saúde de Galicia na atención sanitaria das comarcas nas que van desaparecer as súas áreas sanitarias
6.3 15278 (10/POPX-000048)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre o coñecemento polo Goberno galego das consecuencias sociais do modelo laboral precario que está a aplicar en Galicia
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 15276 (10/PUP-000105)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 13 máis
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego en relación coas deficiencias existentes no funcionamento do sistema xudicial a causa da insuficiencia de recursos, en especial, no eido da loita contra a violencia de xénero
7.2 14311 (10/PUP-000102)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
Sobre se o Goberno galego comparte que a loita contra a violencia machista ten que alumear as políticas de todos os gobernos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
7.3 14478 (10/POP-001962)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis
Sobre as razóns da demora da Xunta de Galicia na adopción de medidas respecto da sobrevenda de billetes polas empresas navieiras que realizan o transporte de viaxeiros para as illas Cíes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
7.4 12509 (10/POP-001516)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 2 máis
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia tendentes ao cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 149, do 20.07.2017
7.5 13255 (10/POP-001655)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre o estado de tramitación da solicitude do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal presentado pola empresa CUF respecto dos terreos que ocupa a fábrica de Elnosa en Lourizán
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
7.6 13515 (10/POP-001683)
Grupo Parlamentario de En Marea
Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
Sobre as diferenzas entre Galicia e o resto do Estado no que respecta ás porcentaxes de alumnado con necesidades educativas especiais sobre o alumnado total
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
7.7 14148 (10/POP-001852)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 6 máis
Sobre as novidades e medidas específicas que se levarán a cabo para o desenvolvemento da nova estratexia galega de linguas estranxeiras EDUlingüe 2020
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
7.8 12796 (10/POP-001542)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
Sobre as conclusións do informe encargado ao grupo de traballo que constituíron o Issga, o 061 e a Consellería do Mar en relación coas boticas de primeiros auxilios nas embarcacións pesqueiras
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156, do 02.08.2017
7.9 13092 (10/POP-001617)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre o número de consultas implementadas nos hospitais comarcais desde a posta en marcha das Estruturas Organizativas de Xestión Integrada no Sergas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 158, do 04.08.2017
7.10 15236 (10/PUP-000103)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da necesidade de construír un centro de día para persoas maiores de 65 anos no concello de Rianxo
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2017
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente