saltar ao contido

Santalices participa na inauguración dunha exposición da pintora Marisa Redondo na Casa de Galicia en Madrid

 
 
Santiago, 4 de xullo de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde na inauguración da exposición “Horizonte de mar y memoria”, da pintora arousá Marisa Redondo, aberta ao público na Casa de Galicia en Madrid.
 
Santalices reiterou o “compromiso” do Parlamento de Galicia coas artes plásticas e recordou  que o Pazo do Hórreo alberga unha valiosa e variada colección de arte galega contemporánea. Trátase, nuns  casos, de obras en propiedade e, noutros, de creacións que os autores ceden en depósito, “sabedores de que, deste xeito, as poñen a disposición do conxunto de Galicia”.
 
O presidente do Parlamento destacou a “tenacidade e esforzo admirables” que Marisa Redonso dedica á pintura, unha activiade na que se adentrou logo de xubilarse da docencia.
“Galicia non pode entenderse sen o seu mar, que é despensa, fonte de riqueza e vía para intercambios de todo tipo” dixo Santalices. “O mar –calmo, embravecido, ardente nas postas de sol, sempre en disposición de ser surcado en mil e unha singraduras, farturento en recursos- é o fío condutor desta mostra que acredita a solidez técnica da súa autora”, rematou.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina