Santiago, 5 de xuño de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, mantivo este mediodía unha entrevista cunha delegación da Asociación contra a pena de morte Pablo Ibar. O encontro enmárcase nas actividades de presentación dunha campaña que está a impulsar esta Asociación para recadar fondos cos que financiar a defensa xurídica de Pablo Ibar, logo de que o Tribunal Supremo de Florida ordenase repetir o xuízo contra Pablo Ibar, que pasou 16 anos no corredor da morte.
Despois da entrevista co presidente do Parlamento, Candido Ibar (pai de Pablo Ibar) e Andrés Krakenberger, mantiveron unha xuntanza con deputados e deputadas da Cámara galega.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.