A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 30 de maio de 2017, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 6770 (10/PNC-000684)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
Sobre a realización pola Xunta de Galicia dun estudo do posible impacto económico e sociolaboral para a frota pesqueira galega da obriga de desembarco de todas as capturas, establecida no Regulamento 1380/2013 da Unión Europea
BOPG n.º 92, do 29.03.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a realizar un estudo no que se analice o impacto económico e sociolaboral que para a frota pode ter o cumprimento da normativa da obriga de desembarco, comezando polo prexuízo derivado das chamadas especies de estrangulamento ou “choke species””.
- 7613 (10/PNC-000791)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central para impulsar a adopción pola Unión Europea dos pasos pertinentes no afortalamento do papel das organizacións rexionais de pesca e na consecución de maiores posibilidades de pesca ao abeiro dos acordos internacionais con terceiros países
BOPG n.º 100, do 19.04.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse e a seguir traballando xunto ao Goberno do Estado para promover a adopción dos pasos pertinentes por parte da Unión Europea no fortalecemento do papel das Organizacións Rexionais de Pesca e na consecución de maiores posibilidades de pesca ao abeiro de acordos internacionais con terceiros países”.