saltar ao contido

Acordos da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 11 de abril de 2017

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 11 de abril de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 5064 (10/PNC-000483)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Salgado, Carlos e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego con motivo da homenaxe no Día das Letras Galegas do ano 2017 ao escritor Carlos Casares Mouriño
BOPG n.º 70, do 21.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia, con ocasión de dedicárselle o Día das Letras Galegas do 2017 ao escritor Carlos Casares Mouriño, coincidente co 50 aniversario da publicación de Vento Ferido, insta á Xunta de Galicia a manter as iniciativas de política cultural que contribúan a afondar e a espallar o coñecemento da obra literaria de Carlos Casares, do seu pensamento galeguista, do importante labor que desenvolveu no eido da normalización lingüística, da modernización da cultura e na dignificación da lingua galega. Así como contribuír a conservación, divulgación, coñecemento e posta en valor do seu legado material e cívico; mais alá do ano 2017, no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.”

- 7058 (10/PNC-000721)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para difundir a vida e obra de Domingo Fontán, así como para a conmemoración no ano 2017 do 200 aniversario dos comezos da elaboración da “Carta Xeométrica”. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 92, do 29.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións
respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a difundir a vida e obra de Domingo Fontán, para o que establecerá criterios e obxectivos claros de colaboración, tanto coas universidades galegas e outras institucións públicas, como coa Fundación Domingo Fontán e a Asociación Domingo Fontán; ademáis de conmemorar este ano 2017, o 200 aniversario do comezo da elaboración da Carta Xeométrica de Galicia".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina