saltar ao contido

Acordo da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 7 de abril de 2017

A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 7 de abril de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 4491 (10/PNC-000431)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e Vilán Lorenzo, Patricia
Sobre a regulación dos mecanismos de planificación e avaliación normativa derivados das recomendacións europeas
BOPG n.º 66, do 15.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a regular sen máis dilación os mecanismos de planificación e avaliación normativa derivados das recomendacións europeas sobre better regulation, dando así cumprimento ao establecido na disposición adicional sétima da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina